Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo cae eliminado da loita polo ascenso cun empate diante do At. Baleares (1-1)

O Coruxo cae eliminado da loita polo ascenso cun empate diante do At. Baleares (1-1)

Os galegos acariñaron a vitoria nun campo moi difícil, pero acabaron igualando os insulares en superioridade numérica

A eliminatoria, cun global de 4-1, remata unha moi meritoria temporada do Coruxo

Foto: @CoruxoFC
G24.gal 17/05/2026 13:52

Rematou a temporada do Coruxo, que caeu eliminado na primeira rolda polo ascenso nunha eliminatoria que chegaba xa case sentenzada ao Estadio Balear despois do 0-3 da ida. Na volta a historia foi ben diferente, e o Coruxo acariñou a vitoria, pero acabou empatando cun xogador menos. Un digno remate para unha gran temporada.

O Coruxo sabía que tiña que marcar axiña para meterse na eliminatoria. E protagonizou os primeiros achegamentos, nos que houbo polémica. Un despexe coa man de Lachevre pedido polos galegos non foi xulgado como penalti, e tampouco unha caída de Sola na área logo dun centro de Gandarillas.

O Atlético Baleares tamén tiña as súas accións. Un remate de Moha que non atopou portería, e outro de Iván López á saída dun córner logo de que o balón quedase morto, tamén acabou fóra. Despois foi Tovar, o que facía a parede con Keita e remataba moi preto do pau dun Alberto que despois pechaba tódolos ocos para evitar o gol de Jofre.

Pasou o Coruxo eses malos momentos sen encaixar gol e, no treito final da primeira metade, tivo as súas. No minuto 40, Nacho Fariña e Guille Pinín intgentaban senllos remates, e acababa detendo Pablo García. Despois foi Gandarillas o que o intentou por dúas veces, unha ás mans do porteiro, e outra saía moi desviada.

Na segunda metade o Coruxo seguiu a buscar as súas opcións,e aproveitou un roubo de Añóñ, que asistiu a Gandarillas no 52 para que este anotase o primeiro dos tres tantos que precisaban os vigueses.

Adiantábase o Coruxo pero, xusto a seguir, quedaba con dez. Dous cartóns en apenas dous minutos levaban á caseta a Borja Marchante e cpomplicaban aínda máis a eliminatoria.

Aínda con dez seguiu buscando o gol o Coruxo, e Guille Pinín estivo preto á saída dun córner. Pero os locais atopaban os espazos, e Bover rematou desde a frontal lambendo o pau. No minuto 76, Alberto empregouse a fondo para salvar un man a man na frontal da área. Aínda fixo ALberto outra boa intervención diante de Jofre pero, no minuto 84, non puido evitar o empate. Foi nun balón roubado logo dun saque de banda, que definiu Miguelito cun disparo axustado desde a frontal.

Non puido gañar o partido o Coruxo, lastrado por esa expulsión, pero remata así unha gran temporada na que conseguiu loitar polo ascenso por segunda vez na súa historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos