A UD Ourense toma vantaxe na final polo ascenso á 1ª RFEF co Conquense (1-0)
O equipo galego levou o triunfo cun gol de Santi de Prado nunha gran xogada
A eliminatoria decidirase a semana que vén na Fuensanta
A UD Ourense está a un paso do ascenso á 1ª RFEF. O equipo galego impúxose no partido de ida da final diante do Conquense nun Couto que rexistrou unha gran entrada.
Saiu mellor o cadro manchego, que protagonizou os primeiros achegamentos grazas a Ale Sánchez. Unh internada desde a dereita, e unha cabezada na área que marchou desviada.
A UD Ourense soubo sufrir, e aproveitar a pausa de hidratación para darlle unha volta ao seu xogo e transformar a súa primeira gran ocasión. Chegou no minuto 40, cando Manu meteu un balón en profundidade para Simón Luca, e Santi de Prado entrou desde a tras para cabecear o seu centro á rede.
Na segunda metade, o xogo baixou o seu ritmo, co Conquense incapaz de inquedar, e co cadro ourensán tendo algunha acción á contra por medio de Justino e Youssef, que entraron frescos.
Pero o resultado xa non se moveu. O equipo galego vai con vantaxe ao partido de volta a Cuenca. Se non perde, será equipo de Primeira Federación a temporada vindeira.