Publicador de contidos

Publicador de contidos

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao pídelle ao Goberno que interveña a factoría

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao pídelle ao Goberno que interveña a factoría

Reclaman que se cumpra a intervención temporal que pediron o Parlamento de Galicia e o Congreso

Agardan que a venda da planta da Mariña sexa unha realidade

Francisco Conde afirma que a sentenza do Supremo sobre o ERE dálle a razón á Xunta

 

 

José Antonio Zan, presidente do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao
G24.gal 30/10/2021 10:37

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao pídelle ao Goberno que mova ficha tras a sentenza do Tribunal Supremo que declara nulo o ERE que a multinacional pretendía aplicar na factoría luguesa.

O presidente do comité, José Antonio Zan, saúda a sentenza pero asegura que a xustiza non vai solucionar o problema que atravesan os traballadores da factoría luguesa.

"O que necesitamos é que o Goberno dunha vez por todas faga de Goberno e empece a lexislar. Porque ou mete a SEPI e nos busca unha saída ou pon un marco enerxético. O que non pode ser é que non faga nada de nada e enriba queira que lle botemos a culpa a Alcoa. O Goberno debe poñerse do lado dos traballadores en lugar de estar todo o día mirando para o teito".
 

O comité de empresa de San Cibrao esíxelle ao executivo que interveña temporalmente a factoría para facilitar a súa venda, tal e como pediron no seu día o Parlamento de Galicia e o Congreso dos Deputados.

 

"Aquí só hai unha saída: ou dimite todo o Ministerio de Industria ou dimite o Congreso dos Deputados e o Parlamento de Galicia. Porque o que non ten sentido é que os nosos representantes voten nos máximos órganos deste país facer unha cousa e un ministerio faga o contrario. Iso non ten sentido ningún. E o que non se pode dicir é que votou no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados algo que non se pode facer porque o prohibe a Unión Europea. Iso é ridículo".

Esta fin de semana os traballadores de San Cibrao volverán mobilizarse para reclamar a continuidade da factoría de aluminio primario da Mariña. Mañá sairán en caravana desde Viveiro e Ribadeo pola estrada da costa e teñen previsto concentrarse ás dúas da tarde en Burela.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade