Publicador de contidos

O conselleiro de Economía esixe unha rectificación do Goberno e da dirección de Alcoa

O conselleiro de Economía esixe unha rectificación do Goberno e da dirección de Alcoa

Francisco Conde afirma que a sentenza do Supremo sobre o ERE dálle a razón á Xunta

G24.gal 30/10/2021 15:29

En Ribadeo estivo o conselleiro de Economía e Industria. Francisco Conde volveu reclamar a implicación do Goberno central na busca de solucións para dúas empresas esenciais na Mariña, Alcoa e Vestas.

Conde cre que a dirección de Alcoa debe rectificar logo de que o Tribunal Supremo confirmara a nulidade do ERE que prentendía aplicar na factoría de San Cibrao.

"Nese contexto é onde a Xunta de Galicia vai formar parte da solución, vai estar cos traballadores e sobre todo para garantir ese futuro do emprego na Mariña e en Alcoa porque a sentenza deunos a razón e con esa razón hai que traballar conxuntamente para que haxa un resultado" " E no caso de Vestas porque haxa tamén unha resposta desde o punto de vistas dos traballadores que non poden ser os damnificados dunha política enerxética errática por parte do Goberno", asegurou Conde ante os medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade