Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BBVA recomenda unha suba de soldos e pensións de como moito o 2 ou o 3 por cento

O BBVA recomenda unha suba de soldos e pensións de como moito o 2 ou o 3 por cento

O responsable de análise económica do BBVA Research, Rafael Domenech, cre que hai que asumir que España é máis pobre e repartir entre todos esa perda de poder adquisitivo

G24.gal 10/05/2022 10:04

O servizo de estudos do BBVA recomenda subir os soldos e as pensións un 2 ou 3 por cento, non o 8 % que están subindo os prezos nestes momentos.

O responsable de análise económica do BBVA Research, Rafael Domenech, dixo no Galicia por diante, da Radio Galega, que sería a recomendación global: asumir que España é máis pobre, repartir entre todos esa perda de poder adquisitivo e non ter en conta nos cálculos das subas de soldos os encarecementos provocados pola que definiu como "inflación importada", é dicir, aquela vén provocada polos produtos que temos que mercar no estranxeiro.

"É aquela que nos vén de fóra porque compramos a enerxía que é máis cara, porque compramos materias primas que son máis caras, porque iso encarece o proceso produtivo. Fronte a esa non deberiamos tratar de traspasar esa perda de poder adquisitivo duns colectivos a outros: tanto me ten que sexa dos traballadores aos beneficios empresariais, ou dos beneficios das empresas aos traballadores ou de ambos aos pensionistas ou a quen sexa", asegurou Rafael Domenech.

"Hai que aceptar que o país é relativamente máis pobre porque o que importamos subiu moito os prezos. Eliminemos esa parte de inflación importada. Onde está esa taxa de inflación? Moi lonxe do 9,8 por cento que chegamos a ter e do 8,4 que temos agora. Estaría máis preto claramente dun rango entre o 2 e o 3 por cento. Isto é o que debería servirnos de referencia a nivel global", afirma.

En calquera caso, di Domenech, se hai empresas con maiores ingresos ou alta produtividade, debería subirlles os soldos ós seus empregados.

O responsable do BBVA insiste en que cómpre loitar entre todos para evitar uns efectos de suba de prezos de segunda rolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade