Publicador de contidos

Publicador de contidos

O IPC redúcese ao 8,4 % en abril tras baixaren a luz e os carburantes

O IPC redúcese ao 8,4 % en abril tras baixaren a luz e os carburantes

A inflación moderouse 1,4 puntos por baixo da taxa rexistrada en marzo (9,8 %), debido aos descensos dos prezos da electricidade e os carburantes

En taxa interanual, o IPC non baixaba tanto nun só mes desde xaneiro de 1987

G24.gal 28/04/2022 09:03

A inflación en España moderouse no mes de abril ata o 8,4 % interanual, 1,4 puntos por baixo da taxa rexistrada en marzo (9,8 %), debido aos descensos dos prezos da electricidade e os carburantes, segundo o Instituto Nacional de Estatística.

Pola contra, seguiu influíndo á alza o encarecemento dos alimentos e bebidas non alcohólicas, maior este mes que en abril de 2021. A inflación subxacente, que non inclúe nin alimentos frescos nin enerxía, rexistrou un aumento dun punto en abril, ata colocarse no 4,4 %, a máis alta desde decembro de 1995.

Fontes do Ministerio Asuntos Económicos explican que se trata "dunha rebaixa significativa que rompe a tendencia alcista dos últimos meses", e insisten en que "se poden apreciar os primeiros efectos das medidas adoptadas polo Goberno" para paliar os efectos económicos da guerra en Ucraína e reducir o custo da enerxía para as familias.

"Esperamos que a inflación siga reducíndose nos próximos meses, unha vez que se poña en marcha a medida para limitar os prezos do gas, que permitirá reducir sensiblemente o prezo da electricidade", engaden.

En taxa interanual, o IPC non baixaba tanto nun só mes desde xaneiro de 1987, hai máis de 35 anos, mentres que na mensual os prezos rexistraron en abril unha baixada do 0,1 % respecto a marzo, segundo o indicador adiantado do IPC, o seu primeiro índice mensual negativo nun mes de abril en 30 anos, desde 1992.

En canto ao índice de prezos de consumo harmonizado, que mide a evolución dos prezos co mesmo método en toda a zona euro, este situouse no 8,3 % en taxa interanual e no -0,2 % na mensual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade