Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mallorca-Real Sociedade e Atlético-Athlétic, nas semifinais de Copa

Mallorca-Real Sociedade e Atlético-Athlétic, nas semifinais de Copa

O Atlético impúxose ao Sevilla por 1-0 e completou a penúltima rolda

G24.gal 26/01/2024 11:04

Xa temos os emparellamentos das semifinais da Copa do Rei. Será a única eliminatoria que se xogue co formato de dobre partido. O Mallorca enfrontarase á Real Sociedade e o Atlético de Madrid xogará diante do Athlétic. A ida, o 7-8 de febreiro e a volta o 28-29 do mesmo mes. 

O último en clasificarse foi o Atlético de Madrid que derrotou o Sevilla por 1-0 cun gol de Memphis Depay a dez minutos do final. Foi un encontro marcado polo falecemento de tres seareiros sevillistas no desprazamento cara Madrid na mesma mañá do partido.

Co Real Madrid e o Barcelona fóra de combate semella unha gran oportunidade para calquera destes catro equipos de acadar un título oficial. Os dous finalistas tamén terán garantida a presenza na Supercopa de Arabia do vindeiro ano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar