Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia chegou o mércores aos 42,4 graos e Ourense segue este xoves en aviso vermello

Galicia chegou o mércores aos 42,4 graos e Ourense segue este xoves en aviso vermello

A temperatura máxima rexistrouse en Valdeorras e foi de 42,4 graos

Monforte, Salceda de Caselas e Carballo andaron polos 40.

A vaga de calor pon en alerta todas as comunidades autónomas, agás As Canarias

G24.gal 13/07/2022 14:25 Última actualización 13/07/2022 21:36

 Cinco comunidades —Galicia, Andalucía, Castela e León, Castela-A Mancha e Estremadura— activaron para este xoves o aviso vermello (risco extremo) por máximas extremadamente altas que oscilarán entre os 42 e 44 graos.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, en Galicia agárdanse temperaturas de 40-42 graos en Ourense, na zona do Miño.

En Pontevedra segue a alerta laranxa por valores de 39 graos, mentres que na Coruña e Lugo hai aviso amarelo por temperaturas entre os 34 e os 37 graos.

Durante este mércores, a temperatura máxima de Galicia rexistrouse na provincia de Ourense, en Vilamartín de Valdeorras. Este concello chegou aos 42,4 graos. Ourense cidade tivo 41,9.

Na provincia de Pontevedra, as temperaturas máis altas rexistráronse á beira do Miño. En Salceda de Caselas chegaron aos 40,7 graos e localidades como O Porriño ou O Rosal superaron os 39,5 graos de temperatura.

Na Coruña as temperaturas tampouco foron normais. En Carballo, a estación meteorolóxica de Rus rexistrou unha máxima de 39,7 graos. Nos concellos de Ordes ou Betanzos subiron dos 38. 

Lugo sumouse a esta vaga de calor histórica cos 40 graos de Monforte de Lemos ou os 38,7 de Portomarín.

Preocupación entre os agricultores

En Xinzo de Limia, os agricultores están preocupados polos seus cultivos.

Esta calor e a falta de chuvia minguaron xa a produción de pataca nun 15 por cento e a do cereal de primavera nun trinta. Nalgunhas aldeas, coma a de San Lourenzo, en Porqueira, a falta de chuvia obrigounos a tomar medidas ante a seca dos mananciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade