Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multa de 5.500 euros por non retirar o coche do taller en case 4 anos

Multa de 5.500 euros por non retirar o coche do taller en case 4 anos

O curioso é que o mozo pagou a reparación e o coche non vale máis de 2.000 euros

G24.gal 15/05/2025 13:57

Un mozo de Vigo deberá pagar unha multa de case 5.500 euros por non retirar o seu vehículo do taller desde setembro de 2021. O propietario si pagara a reparación do vehículo, de case 850 euros. Ademais, o prezo do coche non excede os 2.000.

O vehículo aínda segue no taller. O mozo puxo como escusa que o coche estaba sucio e tiña un retrovisor roto. O propietario recorreu ata a Audiencia de Pontevedra pero ningún tribunal lle deu a razón.

O propietario do taller Castiñeira e o responsable do bufete Compensator consideran que os consumidores non se decatan do quebranto que ocasionan nas empresas, que non poden coller outras encargas. O motivo é que non dispoñen de espazo para acoller novos vehículos por mor de coches como este Seat León, que leva case catro anos no seu aparcadoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade