Publicador de contidos

Publicador de contidos

Movemento mundial en contra do desperdicio de alimentos

Movemento mundial en contra do desperdicio de alimentos

Accédese a estes alimentos a través da aplicación Too Good to Go

A aplicación que permite darlle á comida unha segunda oportunidade antes de botala ao lixo

Too Good to Go é unha plataforma para vender a comida antes de que se estrague
G24.gal 29/09/2022 14:58

Da familia de Too Good to Go poden formar parte cafeterías, peixerías, restaurantes, froiterías, todos aqueles establecementos que comercializan alimentos perecedoiros. Diego fai cada día lotes coa comida que non vendeu.

 "Ofertas unha serie de pratos, a xente vai escollendo o que quere, sempre hai algún que ese día non caeu en graza e vai para a xente de Too Good to Go pero son pratos feitos dese día", explica Diego Sanz de Rodríguez, xerente dunha cafetería.

Os clientes só teñen que descargar a aplicación, seleccionar a cidade e elixir o establecemento. Os lotes que se ofertan son sorpresa dependen do excedente.

"Pois mira pode levar pementos, pataca que ao mellor está cortada que non a podes vender pero que está sa", apunta Carmela Pardal, traballa para unha froiteiría.

 "Pode ir peixe, carne, pasta, guisos, de todo tipo", comenta Diego

Os prezos dos lotes son moi económicos.

 "O prezo do menú do día aquí sería a 9,50  e no Too Good to Go está a 4,30", continúa.

Con esta plataforma dáselles unha segunda oportunidade a uns alimentos condenados a rematar no lixo, unha comida responsable do 10% das emisións globais de CO2.

 "Penso que sae gañando o planeta en si porque é refugallo que non acaba nun vertedoiro", sentencia Diego.

 "A xente está concienciada, nós se tiveramos 5 lotes cada día, 5 lotes comprarían", conta Carmela.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade