Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irene Ferreras: "Hai que dar o punto por bo"

Irene Ferreras: "Hai que dar o punto por bo"

A adestradora deportivista analiza o empate ante o Granada

G24.gal 01/04/2023 14:39

Dun partido que á media hora semellaba sentenciado, o Deportivo Abanca foi quen de sacar algo positivo. O decisivo choque ante o Granada na loita polo ascenso directo rematou en táboas, logo de que as coruñesas tivesen que remontar dous tantos nazarís.

Irene Ferreras quixo ser positiva:

"Moi cedo tivemos o resultado en contra. En dúas accións de infortunio. O equipo estivo firme. Creamos ocasións. O punto, preferiamos gañar, pero hai que dalo por positivo. Nestas circunstancias adversas mídese o nivel do equipo. Marcho moi orgullosa do equipo. O equipo seguiu crendo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos