Cargando resultados...
O Deportivo Abanca gaña en Lezama (0-1) cun gol de Ainhoa Marín
As galegas, xa coa permanencia asegurada, seguen escalando postos na clasificación
Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal
09/05/2026 20:51
Vitoria do Deportivo Abanca esta tarde en Lezama. Coa permanencia xa asegurada, son tres puntos para seguir escalando postos na clasificación.
Ante o Athlétic de Bilbao, o único gol do partido chegou no minuto 55. Marcou Ainhoa Marín dándolle a oitava vitoria da temporada ó seu equipo. Cando faltan dúas xornadas para o remate da competición, o Deportivo Abanca ponse undécimo.