Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fran Alonso non continuará no Deportivo Abanca a vindeira temporada

Fran Alonso non continuará no Deportivo Abanca a vindeira temporada

O adestrador madrileño chegou en decembro de 2024 e conseguiu manter o cadro coruñés na Primeira División

G24.gal 16/04/2026 12:35

Fran Alonso non continuará á fronte do Deportivo Abanca na temporada 26-27. O técnico deportivista despediuse nunha carta aberta á afección despois de acadar o obxectivo marcado polo club de permanecer na máxima categoría. 

O madrileño chegou no mes de decembro de 2024 en substitución de Irene Ferreras co cadro coruñés ao bordo do descenso. Nese primeiro ano conseguiu evitar os dous postos de descenso con catro puntos de marxe sobre o Betis e o Valencia nunha liga moi competida e difícil. 

Nesta 25-26 confeccionou o cadro de xogadoras, tamén estivo na zona baixa da táboa clasificatoria pero asegurou a continuidade na Primeira División con cinco partidos de marxe. Agora o club terá tempo para elixir un substituto e planificar a vindeira campaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade