Cargando resultados...
O Deportivo Abanca compite pero cede diante da Real Sociedade (1-2)
Bárbara Latorre marcou un golazo para o Deportivo no primeiro minuto
Foto: @RCDeportivoFem
G24.gal
03/05/2026 14:17
Última actualización 03/05/2026 14:27
Puido dar a sorpresa o Deportivo Abanca ante a Real Sociedade, terceiro clasificado da Liga F. Pero fóronselle os folgos no segundo tempo e acabou caendo por 1-2.
Acababa de arrancar o partido e na primeira acción o equipo herculino poñíase por diante. Marcaba Bárbara o 1-0. Pintaba ben o encontro para as coruñesas que marcharon con esa vantaxe ó descanso. Pero a Real foi outra no segundo tempo. E repetiuse a primeira metade á inversa. Ós dous minutos igualaba Paula Fernández. E Cecilia facía o segundo no 70 para as donostiarras que aseguran así, cando faltan tres xornadas, estar na previa da champions.