Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Alhama máis necesitado rabuña un punto de Riazor (2-2)

Un Alhama máis necesitado rabuña un punto de Riazor (2-2)

O cadro coruñés remontou con dous goles no engadido no primeiro tempo pero non aguantou a vantaxe diante dun rival emborcado

G24.gal 26/04/2026 14:53

O Deportivo Abanca empatou a dous goles en Riazor ante un Alhama máis necesitado. O equipo murciano, situado en descenso, mantén esperanzas de salvación. Buscou o triunfo ante as coruñesas. De feito, adiantouse no marcador no minuto 35 grazas a un gol de Belén Martínez. Pero o Deportivo estivo inspirado no tempo engadido antes do lecer e logrou darlle a volta ao resultado con dous goles para pechar a primeira metade. O empate, obra de Paula Gutiérrez tras un remate de cabeza adiantándose á gardameta visitante. E o 2-1 logo doutra saída dubitativa da porteira rival, narcado por Bárbara Latorre. Lograba así o conxunto deportivista marchar aos vestíarios cunha vantxe insuspeitada.

No segundo tempo, co paso dos minutos, o Alhama arriscou buscando cando menos a igualada. E obtivo premio na recta final, no minuto 81, grazas ao oportunismo de Yiyi. Chegaba así o dous a dois definitivo que coloca ás murcianas a catro puntos da permanencia. O Deportivo, xa salvado desde hai varias xornadas, é o 12º da clasificación con 27 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade