Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a agresión grupal a un menor en Ferrol: "Querían matalo!"

Investigan a agresión grupal a un menor en Ferrol: "Querían matalo!"

Un grupo no que había homes e mulleres pateoulle a cabeza cando saía dunha discoteca

Dóelles que ninguén o axudou: "Tiveron batería para gravalo e non para chamar á policía. É unha vida"

G24.gal 14/07/2026 14:37

A falta de axuda dóelle aínda mais que os propios golpes. 

"Faltou o máis importante, a chamada á policía tanto dos que gravaban como dos que miraban. Si que hai un porteiro que tenta paralos pero danlle un golpe. Iso é do que máis me doe, que tiveran batería para gravar e non para chamar á policía. É unha vida", lamenta a nai.

Pateáronlle a cabeza, sen saber á conta de que. Asegura que non coñecía a esa xente.

"Todos os golpes foron na cabeza. Eu estaba na discoteca e recordo que saín e había unha discusión pero xa lembro máis. Recordo estar no chan levando golpes na cabeza, máis golpes e estaba aturdido e nunha destas vin un túnel e o meu avó que xa morreu, levantándome do chan", relata o mozo.

Hai vídeo que, segundo din, xa entregaron na policía. Contan que se ven os golpes e tamén como ninguén os detén. Ao contrario.

"Os que gravaban o vídeo. Despois había outro posando, que despois mandou cortar ese cacho, xente mirando, outros agarrando, outros golpeando e xa non sei", quéixase o mozo.

Non lembra como chegou á casa, mareado e malferido. A nai atopouno tirado no cuarto.

"Cando o vexo estaba boca arriba e facendo uns ruídos raros coa boca. Quixen incorporalo e aí xa é cando lle vin os golpes e o sangue", relata a nai.

Agora recupérase dos golpes, dos físicos.

"Vou tirando. Con dor de cabeza, mareos, esquezo as cousas, ando de lado", explica a vítima. 

E tamén do emocional.

"Quédache o medo", confesa. 

A policía busca os responsables. Parece que hai homes e tamén mulleres, entre os 30 e 40.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade