Publicador de contidos

Publicador de contidos

Colle o bus en Lugo, agrede o condutor en Vilalba e préndeno en Foz

Colle o bus en Lugo, agrede o condutor en Vilalba e préndeno en Foz

O home xa tiña antecedentes por feitos semellantes

Desta volta recriminoulle ao condutor que lle fixera perder unha conexión que, en realidade, xa non existe

Estación de Vilalba (Arquivo TVG) Estación de Vilalba (Arquivo TVG)
G24.gal 10/07/2026 13:06

Colleu o bus en Lugo, agrediu o condutor en Vilalba e prendérono en Foz. O home comezou por rifar co chofer porque pensou que perdera a conexión coa Mariña, unha conexión que xa non existe.

A cousa foi a máis, e na estación de Vilalba deulle unha puñada na cara ao condutor e tirouno ao chan. A vítima tivo que ser atendida por un corte nunha cella, que precisou sutura, e por abrasións no xeonllo. 

Denunciou os feitos. A Garda Civil localizou o suposto agresor en Foz e foi detido por un presunto delito de lesións. Tiña antecedentes por feitos similares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade