Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cotobade, Nigrán e Portugal: outras traxedias explican por que as estradas poden ser trampas mortais

Cotobade, Nigrán e Portugal: outras traxedias explican por que as estradas poden ser trampas mortais

Os expertos insisten en que se deben evitar os desprazamentos improvisados e non confiar en que o coche vai servir de protección

O incendio forestal dos Gallardos xa é o máis letal rexistrado en España no que vai de século, superando as 11 vítimas mortais deixadas polo de Guadalaxara en 2005

 

G24.gal 10/07/2026 14:13

Persoas que intentan fuxir pola súa conta e acaban atrapadas en situacións extremas. O que sucedeu en Almería non é un caso illado.

En Galicia temos exemplos, como o que sucedeu en agosto de 2006 en Cotobade, en que unha muller e a súa filla morreron asfixiadas ao intentar fuxir do lume. O coche no que viaxaban sufriu un accidente, elas baixaron para escapar a pé e o fume acabou por vencelas.

En 2017, en Nigrán, outras dúas mulleres perdían a vída ao quedar rodeadas polas lapas nunha estrada. E ese mesmo ano, en Portugal, máis de trinta persoas faleceron nunha vía que parecía segura ata que o vento mudou. 

Por iso os expertos insisten en que se deben evitar os desprazamentos improvisados e non confiar en que o coche vai servir de protección, porque os vehículos de combustión necesitan osíxeno para funcionar, e polo tanto cando estamos a pasar por unha nube moi densa de fume pode ser que haxa moi pouco osíxeno e o motor pare, polo tanto esa idea que un pode ter de atravesar rápido pode converterse nunha trampa.

E o máis importante en situacións extremas: atender sempre as indicacións que nos cheguen en tempo real.

O máis letal

O incendio forestal dos Gallardos xa é o máis letal rexistrado en España no que vai de século, superando as 11 vítimas mortais deixadas polo de Guadalaxara en 2005.

 

Se nos remontamos no tempo, só o de Lloret de Mar en 1979, con 21 mortos, e o da Gomera, en 1984, con 20, foron máis mortíferos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos