Publicador de contidos

Publicador de contidos

Inculpan un home en Alemaña pola desaparición de Madeleine McCann

Inculpan un home en Alemaña pola desaparición de Madeleine McCann

A policía dá por feito que Maddie non está viva

O imputado cumpre condena en Alemaña por un delito sexual

O caso prescribiría este ano

Alberto Mancebo 22/04/2022 12:57

Hai un imputado no caso da desaparición de Madeleine McCann 15 anos despois. É toda unha sorpresa, porque que hai un mes informaban desde as autoridades que a investigación quedaba pechada por parte da policía británica.

Agora as novidades chegan dende Alemaña, onde o principal sospeitoso cumpre condena por un delito sexual e tráfico de drogas. Hai probas de que Christian Brueckner estaba en Praia da Luz, no Algarve, aquela noite de hai 15 anos cando a nena desapareceu.

Foi imputado a petición da Fiscalía portuguesa que xunto a xermana investigaron os movementos deste home en profundidade e do que só revelaron un dato: están seguros de que Madeleine McCann está morta e que o corpo non saíu de Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade