Atopan morto en Riós un home baixo un tractor
Un veciño localizou a vítima no lugar de San Cristóbal, logo de que pouco antes advertiran da súa desaparición

Un veciño da localidade ourensá de Riós apareceu morto debaixo dun tractor, segundo informa o servizo de emerxencias 112Galicia no seu parte de incidencias das últimas horas.
Ao redor das 23:30 horas da noite de onte, o 112 Galicia tivo constancia da desaparición dun home en Riós, no lugar de San Cristóbal, aínda que antes da media noite xa fora localizado por un veciño.
O particular que o atopou indicou que a vítima estaba debaixo do tractor, posiblemente falecido. Ata o punto mobilizáronse os Bombeiros de Verín ao ser necesario liberar a persoa.
Con todo, nada se puido facer por salvarlle a vida. Ata o punto mobilizouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil.