Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indonesia investiga a desaparición dunha galega de 72 anos na illa de Lombok

Indonesia investiga a desaparición dunha galega de 72 anos na illa de Lombok

María Matilde Muñoz, natural de Ferrol e residente en Mallorca, foi vista por última vez o 2 de xullo

O hotel en que se aloxaba dixo que recibira unha mensaxe da muller avisando de que viaxara a Laos, pero non hai rexistros da súa saída do país

G24.gal 15/08/2025 18:34

A Policía de Indonesia investiga a desaparición da galega María Matilde Muñoz Cazorla, de 72 anos, que chegou á illa de Lombok en xuño e da que non hai noticias desde comezos de xullo. Non existe rexistro da súa saída do país.

A investigación comezou hai dous días tras recibir unha notificación do Departamento de Relacións Internacionais da Policía Nacional de Indonesia, en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores. Segundo explicou, visitaron o hotel Bumi Aditya, na zona costeira de Senggigi, onde Muñoz tiña reserva ata o 20 de xullo, aínda que o persoal asegura que a viron por última vez o 2 de xullo. Tamén buscaron noutros hoteis e vivendas da zona, sen resultados.

As autoridades migratorias non atoparon indicios de que a muller abandonase o país.

A primeira alerta sobre a desaparición produciuse o 28 de xullo, cando a súa amiga Olga Marín presentou denuncia na comisaría de Sant Feliu de Guíxols (Xirona), indicando que Muñoz non respondía e que as súas últimas mensaxes de WhatsApp aparecen sen recibir desde o 7 de xullo. Marín cre que a desaparición non é voluntaria.

Segundo outra amiga, Marta Ventura, o último contacto co seu círculo próximo foi a finais de xuño.

O hotel asegura que o 2 de xullo Muñoz ampliou a súa estancia ata o día 20, pagou por adiantado e dixo que ía á praia. A contable do establecemento, Nurmala Hayati, afirmou que non a viu de novo e que o 5 de xullo lle escribiu sen resposta; o 6 de xullo recibiu unha mensaxe na que a muller dicía estar en Laos, algo que tamén transmitiu o hotel ás amizades, pero que “a ninguén lle cadra”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar