Cargando resultados...
Localizado o corpo sen vida dun septuaxenario desaparecido en Soutomaior
Achárono na Devesa e polo momento descoñécense as causas do seu falecemento

G24.gal
02/08/2025 23:06
Unha patrulla da Garda Civil localizou este sábado o corpo sen vida do septuaxenario ao que buscaban en Soutomaior. Achárono na Devesa.
O 112 Galicia, que informa do achado, tivo constancia da súa desaparición pouco antes das 15:00 horas. A busca, que comezou en Arcade, contou con varias patrullas da Garda Civil e foi unha delas a que finalmente achou o seu cadáver nun camiño.
Polo momento descoñécense as causas do seu falecemento.
🔴 #AXEGAInforma de que foi atopado o corpo sen vida do home desaparecido hoxe en Soutomaior.
— 112 Galicia (@112Galicia) August 2, 2025
📍 Achárono na Devesa.
➡️ Foi localizado por axentes da Garda Civil.
🔗 https://t.co/hcj4gAlwtN pic.twitter.com/eiOQeIe1z0