Publicador de contidos

Publicador de contidos

Scotland Yard pecha o caso Madeleine McCann

Scotland Yard pecha o caso Madeleine McCann

Non hai probas suficientes para acusar formalmente o único sospeitoso

O Goberno británico dedicou 11 anos e 15 millóns de euros no caso

Alberto Mancebo 22/03/2022 15:19

As autoridades británicas e portuguesas desisten na busca de Madeleine MacCann. Hai uns meses todo apuntaba a que o principal sospeitoso podería ser acusado do seu asasinato, pero parece que non hai probas suficientes.

Once anos e quince millóns de euros despois Scotland Yard prepárase para arquivar un dos casos de desaparición máis famosos do mundo. Polo momento, nin a policía británica nin a portuguesa encontraron probas contundentes para acusar a Christian B, un cidadán alemán de 45 anos condenado por crimes sexuais e do que a policía alemá esta totalmente convencido de que se trata do raptor e asasino de Maddie. Aínda así, semella que as probas contra el non son consistentes e o caso MacCann arquivarase nos vindeiros días sen acusacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade