Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fin de semana de Entroido chea de tradición, cor e bo humor, a expensas do tempo

Fin de semana de Entroido chea de tradición, cor e bo humor, a expensas do tempo

Hai programadas numerosas citas por toda a comunidade, pero o foco volverá estar no triángulo máxico de Ourense. Laza, Verín e Xinzo de Limia volverán reunir milleiros de persoas para gozar e descubrir un dos entroidos galegos máis antigos e pintorescos

G24.gal 13/02/2026 14:45

Son os felos desde ben cedo compartindo trasnadas e risas cos veciños das aldeas de Maceda. Saen mañá á mañá. Á tarde, en Verín, celebrarase o bautismo dos novos cigarróns e o domingo o gran desfile de comparsas e carrozas. Tamén o domingo en Laza ten lugar a estrea do peliqueiro. Por primeira vez vestirán o traxe e saudarán os fregueses á saída da misa. O mesmo que farán as bonitas de Sande, en Cartelle. Domingo gordo tamén en Viana do Bolo con desfile de folións e boteiros. Creatividade tamén na rúas de Xinzo de Limia, e Ourense capital cos seus desfiles.

En Lugo, as grandes citas serán o Entroido Ribeirao de Chantada, onde volveremos ver desfilar os volantes maragatos e peliqueiros. Un dos personaxes máis temidos sairá á rúa o luns, é o oso de Salcedo de Pobra do Brollón, que tingue de negro a todo aquel que se cruce no seu camiño. A cor chegará da man das numerosas comparsas e charangas que participan no desfile de Foz, un dos máis multitudinarios da provincia. 

En Pontevedra hai un amplo programa que combina tradición, sátira, música e participación popular co papagaio Ravachol como protagonista. En Vigo haberá concurso de comparsas e a visita dos merdeiros polo centro histórico. 

Na Coruña, mañá abre o gran bailódromo destas festas. No Koruñódromo, na praza de José Sellier, haberá música, baile, actividades para nenos e adultos e gastronomía. Tamén as comparsas encherán e animarán as rúas da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade