Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dará o tempo unha tregua para o Entroido?

Dará o tempo unha tregua para o Entroido?

A situación atmosférica podería permitir unha melloría transitoria entre a borrasca do venres e a do domingo

G24.gal 09/02/2026 14:27

Ante un inverno tan rigoroso, moitos pregúntanse cando teremos un respiro. Cando parará de chover? A resposta pode ser alentadora. Este sábado que vén poderiamos ter xa unha xornada meteoroloxicamente máis tranquila.

"No ano novo rompeu o anticiclón de bloqueo e temos as borrascas circulando moi preto das nosas latitudes. Si que é certo que cara a fin de semana non estamos vendo meteoroloxía adversa pero tampouco estamos vendo o tempo seco e soleado", matiza Alberto Romero, de MeteoGalicia.

"Está moi xusto", engade.  Pero semella que a fin de semana do Entroido, entre a fronte do venres e a fronte do domingo, haberá un intervalo en que non se prevén adversos meteorolóxicos. Pero antes de chegar aló, volve pintar feo.

"Ollo esta semana porque entre o mércores e xoves vén un escenario bastante delicado. Con vento de forza 8-10 e ondas e máis de 8 metros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade