Publicador de contidos

Publicador de contidos

As pantallas e os cigarróns fan a súa estrea en Xinzo de Limia e Verín

As pantallas e os cigarróns fan a súa estrea en Xinzo de Limia e Verín

As personaxes tradicionais do Entroido nestas vilas saen o domingo corredoiro por primeira vez 

En Laza, haberá que agardar para ver os Peliqueiros ao domingo gordo

Son celebracións declaradas de interese turístico nacional e internacional no caso de Xinzo

G24.gal 08/02/2026 19:40 Última actualización 08/02/2026 21:41

É o son e o baile das pantallas de Xinzo de Limia, porque elas máis que desfilar bailan en grupo, corren e dan chimpos polas rúas coas vexigas. No Corredoiro vémolas por primeira este Entroido. 

Noutro punto do triángulo máxico ourensán, en Verín, tamén é a estrea dos cigarróns. Este domingo é un dos días máis especiais destas festas. 

Soan as chocas, corren os cigarróns e Verín volve ser Entroido. E todo vale. Porque son días de alegría, retranca e bo humor. O Entroido é un sentimento.

E mentres en Xinzo segue a troula coas charangas, en Verín a próxima cita será o xoves de comadres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade