A veciñanza e visitantes enchen o Fiadeiro de Carguizoi, unha tradición recuperada do Entroido de Maceda
A veciñanza e visitantes enchen o Fiadeiro de Carguizoi, unha tradición recuperada do Entroido de Maceda
O Fiadeiro de Carguizoi volveu xuntar na aldea de Maceda, a veciños e veciñas con visitantes de todas as idades e toda a xeografía galega
Un dos momentos máis especiais é cando os Felos chegan á festa facendo falcatruadas e enchendo o ambiente da súa maxia e bo humor
Falta unha semana para os días grandes do Entroido, pero a festa e o sentimento xa se sente con forza na provincia de Ourense. Na parroquia de Carguizoi, en Maceda, celebraron o sábado pola tarde un dos seus rituais máis enxebres: o fiadeiro. Unha tradición recuperada que mestura música memoria e convivencia entre a veciñanza e os Felos, os protagonistas do seu Entroido.
Cantigas, pandeiretas e bailes ata que o ambiente chega coa chegada dos Felos, a alma deste Entroido rural.