Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa de Ponteareas despacha 100.000 disfraces para toda Europa neste Entroido

Unha empresa de Ponteareas despacha 100.000 disfraces para toda Europa neste Entroido

Don Disfraz ten tenda en liña en España, Portugal, Francia, Italia, Alemaña e Bélxica

En Galicia triunfan os disfraces de sardiña, churrasco e multa de tráfico

G24.gal 08/02/2026 17:47 Última actualización 08/02/2026 18:34

Nas naves dunha empresa de Ponteareas despáchanse neste Entroido arredor de 6.000 disfraces diarios. Venden para toda Europa, con tenda en liña en seis países. 
 

"Temos unha tenda física, pero é o 2 % das vendas. O noso forte é a tenda en liña, que temos en cinco países, máis España seis. Estamos en Alemaña, Francia, Italia, Portugal e Bélxica", explica Alicia Rodríguez, responsable de márketing de Don Disfraz.

En cada país teñen as súas propias preferencias á hora de disfrazarse. Entre os máis demandados aquí están o de sardiña, o de churrasco ou o de multa de tráfico. 
 

"O disfrace de multa este ano saíu moi ben, e tamén o de notificiación de Facenda. Tamén o de sardiña ou lata de sardiñas e o de churrasco, algo con máis graza. En Italia véndese moi ben o de Gepetto, o de Pinocho ou o de Alicia no país das marabillas. En Alemaña é moi gracioso, porque lles encanta o difrace de lavacoches", asegura Alicia Rodríguez, da empresa Don Disfraz.
 

"Estou buscando algo estilo dos anos 70, paréceme boa idea". "De romanos". "De Mortadelo e Filemón". "A nena escolleu ir de Glinda e o neno, de ninja". "Pola película de 'Wicked', que está inspirada no Mago de Oz". "A min gústame ir de ninja", din varios clientes da tenda.
 

Entre o público infantil, os disfraces de música pop coreana son os preferidos

"Sobre todo, as vendas foron das cantantes de K-pop. Xa se esgotou en Halloween, repuxemos, e agora  cada vez que lanzamos un novo modelo esgótase en poucos días. Xa levamos 4 mil disfraces vendidos de K-pop", asegura Alicia Rodríguez.

Xa teñen preparados algúns dos máis 100.000 pedidos con disfraces para todos os gustos que sairán de aquí neste Entroido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar