Publicador de contidos

Publicador de contidos

A derruba de parte dunha estrada en Monterrei causa danos nunha vivenda

A derruba de parte dunha estrada en Monterrei causa danos nunha vivenda

Ao ceder o terreo tirou co ascensor exterior da casa na parroquia de Albarellos

G24.gal 13/02/2026 15:47

Parte dunha estrada de Albarellos, no concello de Monterrei, caeu derrubando con ela o ascensor exterior dunha vivenda. A propietaria da casa, Viruca Atanes, muller pioneira no xornalismo deportivo, estaba en Madrid.

Ten problemas de mobilidade e instalara este montacargas para poder evitar as escaleiras que soben á súa vivenda.

Ela e a súa veciña teñen clarísimo cal foi a causa do derrubamento: as obras que Naturgy fixo hai máis dun ano para renovar as acompetidas da luz. Nas gretas que deixaron na estrada filtrouse tanta auga que caeu.

Dende o Concello de Monterrei din que a responsabilidade das obras é de Naturgy, pero aseguran que en canto remate a choiva repararán a desfeita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade