Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estafadores fanse pasar por bancos para pedirnos datos persoais ou claves da conta

Estafadores fanse pasar por bancos para pedirnos datos persoais ou claves da conta

Os estafadores tentan alarmar o usuario para que pulse sobre a ligazón e siga os pasos que se lle indican sen parar a analizar a situación

Ningún banco nos pedirá datos ou claves por teléfono

G24.gal 10/10/2022 17:30 Última actualización 10/10/2022 17:44

Se vostede recibe no seu teléfono un whatsapp ou un sms ou se lle chega un correo electrónico do seu banco pedíndolle calquera dato, non o conteste.

Os bancos nunca nos pedirán información persoal a través dunha mensaxe.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) alertou dun aumento preocupante nese tipo de calotes.

O obxectivo dos estafadores é facernos entrar nunha páxina web falsa que simula ser a web oficial dunha identidade bancaria co gallo de roubar as credenciais de acceso ao servizo bancario.

Os pretextos utilizados nas mensaxes tentan alarmar o usuario para que pulse sobre a ligazón e siga os pasos que se lle indican sen parar a analizar a situación.

Se vostede recibiu un SMS destas características, accedeu á ligazón e facilitou os seus datos de acceso (usuario e contrasinal) e calquera outro dato de carácter persoal ou financeiro, o INCIBE aconséllalle contactar canto antes co seu banco para informalo do sucedido e cancelar posibles transaccións que se puideron efectuar.

Tamén recomenda bloquear o acceso á conta e tarxetas e actualizar os datos de acceso ao servizo de banca en liña.

Ademais, recomenda modificar o contrasinal naqueles servizos en que se utilice a mesma clave que a empregada para acceder á banca en liña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade