Cinco feridos nunha colisión entre dous vehículos en Castrelo de Miño
O sinistro produciuse preto das dúas da madrugada na OU-402, en Barral
Imaxe do accidente cedida por Protección Civil de Castrelo de Miño
En Castrelo de Miño, Ourense, cinco persoas resultaron feridas por mor dunha colisión entre dous turismos.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse preto das dúas desta madrugada na OU-402, en Barral.
O primeiro aviso sobre o sinistro chegou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia mediante as chamadas de alertadores, pero tamén a través dun sistema automático dun teléfono móbil, que permitiu a comunicación coas persoas implicadas.
Aínda que todas estaban liberadas e accesibles, presentaban lesións de diversa consideración e foron trasladadas por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. En total, cinco persoas resultaron feridas neste accidente.
Alén de sanitarios, no operativo de asistencia participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os membros do GES de Ribadavia e os voluntarios de Proteccioón Civil de Castrelo de Miño.
Imaxe do accidente cedida por Protección Civil de Castrelo de MIño