Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escolares de Santa Comba retiran lixo da praia Lagosteira

Escolares de Santa Comba retiran lixo da praia Lagosteira

O traballo ambiental terá a súa continuidade no colexio onde tratarán de darlles unha segunda vida aos residuos no plano artístico

Parte do grupo do colexio Barrié de la Maza que participou na iniciativa ambiental deste xoves en Fisterra
G24.gal 25/05/2023 13:58 Última actualización 25/05/2023 14:19

A praia de Lagosteira está máis lustrosa tras o paso dunha excursión de escolares do Barrié de la Maza de Santa Comba. Viñeron para recoller residuos que o mar e humanos deixaron sobre o areal. Catro escolaers amosan as súas impresión sobre o lixo no areal.

"Botellas, un ferro, anacos de restos de comida, latas...".
"Un do meu grupo, ademais de ferros, atopou unha vasoira".
"Cabichas. Non me parece normal que este residuo quede tirado na praia".
"A xente vai á praia e tira cousas que non debe, a verdade".

No traballo de limpeza, ademais do acompañamento da titora, tiveron o asesoramento de axentes ambientais.

"Este curso desde a biblioteca e noutros proxectos do centro estamos a tratar a sostibilidade e protección ambiental, e pareceunos importante que se conciencie de todo o lixo que hai", di María Dolores Pérez Cancela, titora de sexto no Barrié de la Maza de Santa Comba.

Álvaro Martiáñez, axente medioambietal da Xunta de Galicia, engade que o obxectivo desta experiencia é tamén "concienciar os rapaces da importancia que ten unha boa xestión do lixo nas nosas casas para que non chegue ao mar e acabe depositado na praia".

Rapazas e rapaces levan de aquí proba de lixo na natureza, evitable con suxestións de prácticas boas e sinxelas como non botalo na praia.

"Eu teño unha bolsa ao lado da toalla e meto nela os residuos para logo depositalos no colector que corresponde", di un escolar.

O traballo ambiental terá a súa continuidade no colexio de Santa Comba, onde tratarán de darlle unha segunda vida, no plano artístico, a parte dos residuos que recolleron en Fisterra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade