Doce detidos por estafaren máis dun millón de euros con móbiles de alta gama
A organización suplantaba a identidade de clientes duha operadora para contratar liñas e financiar terminais
Unha operación conxunta dos Mossos d´Esquadra e da Policía Nacional permitu desarticular unha organización criminal que, durante máis de dous anos, estafou máis dun millón de euros mediante a contratación fraudulenta de liñas telefónicas e a adquisición de móbiles de alta gama.
A investigación, iniciada en novembro de 2025 tras a denuncia dunha operadora, culminou coa detención de 12 persoas en Barcelona, L´Hospitalet del Llobregat, Granollers, Zaragoza, Valencia e Alcalá de Henares.
Case 800 móbiles obtidos de forma fraudulenta
Segundo a investigación, os integrantes da trama empregaban datos persoais obtidos mediante técnicas de enxeñaría social para suplantar a identidade de clientes reais, dar de alta novas liñas e solicitar terminais financiados.
Ata o momento identificáronse 788 dipositivos obtidos de forma fraudulenta, cun prexuízo económicos de 1,09 millóns de euros. A operadora asumiu o custo das estafas sufridas por clientes afectados.
Durante o operativo practicáronse varios rexistros e foi detida tamén a persoa encargada de distribuír os teléfonos no mercado ilícito. A investigación continúa aberta e os axentes non descartan novas detencións mentres analizan o material informático intevido.