Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Deteñen en Ourense a suposta responsable de queimar colectores do lixo
Durante varias noites o suceso repetiuse no bariro da Ponte, causando alarma entre a veciñanza
            
                            G24.gal
                        
                            28/03/2023 12:06
                        
                        
                        
                        
                    
                    A Policía Nacional detivo en Ourense a presunta responsable de incendiar colectores do lixo no barrio da Ponte.
O suceso, que causou alarma entre os veciños da zona, repetiuse durante varias noites. Colectores que comezaban a arder, de madrugada, causando danos, mesmo en varios vehículos estacionados, nunha ventá e nas fachadas de catro establecementos comerciais.
A contía dos danos supera, segundo a Policía Nacional, os 29.000 euros. A detención produciuse xa o pasado 17 de marzo, pero a policía non a fixo pública ata hoxe.