Conta atrás e claves para afrontar os exames da PAU
Dezasete distritos universitarios, dezasete probas de PAU: normas de fondo e forma
Algunhas recomendacións das universidades

O vindeiro martes, entre as 9:00 e as 9:30 da mañá comezará o primeiro exame da proba de acceso á Universidade (PAU) na maioría de comunidades autónomas; este primeiro exame será o de Lingua Castelá e Literatura.
A conta atrás xa comezou para case os 300.000 estudantes que van afrontar os exames da PAU en tres ou catro días consecutivos.
Os distritos universitarios enviaron aos centros de bacharelato adscritos unha guía da PAU 2025, explicando o novo deseño de exame, que se define como máis práctico e cun só modelo por materia, e tamén enviaron as normas de organización, de comportamento dentro da aula e consellos para o alumnado.
O profesorado de bacharelato remataron de revisar cos estudantes as dúbidas de última hora e agora é o momento de repasar para non levar un atracón, aconsellan.
"Pasar horas diante dos libros o último día só servirá para poñerte nervioso e diminuír a túa atención e concentración", advirte o Vicerreitorado de Estudantes da Universidade Autónoma de Madrid (UAM).
Belén Sainz profesora de Química do IES Enrique Flórez de Burgos, salienta o esforzo que se fai nos últimos días para apoiar o alumnado e lamenta un sistema "ríxido, cunha carga de exames en poucos días esaxerada".
A xefa de estudos de bacharelato do colexio CEU San Pablo de Sevilla, Mónica Ureña, pide tranquilidade: "que confíen neles mesmos, os resultados van ser o reflexo de todo o traballo de dous anos".

Un exame máis dos miles da vida?
Nesta conta atrás para a proba, cada estudante leva presión como pode, e tamén en función de cómo se sinta de preparado, pero a PAU non deixa indiferente a niguén. Pasados os anos, e según como lles fora no examen e no camiño da vida, é doado facer a reflexión de que este só é un examen máis.
Pero agora é o momento da proba, dun exame que pode condicionar a carreira a elexir, estudar preto ou lonxe da casa, de marcar un camiño, e iso é o que lles mete presión, estrés aos estudantes, polo que cando menos á PAU téñenlle "respeto", aínda que pensen que se organizaron ben.
"A maioría de profesores encargáronse de deixarnos moi preparados. Temos un grupo de Telegram no que nos van dicindo novidades", sinala Martina que afirma que "un pouco si me estresa" como será o primeiro exame.
"Vou facer o que mellor poida e vou tentar o máximo e ao que chegue porque a vida dá moitas voltas", conta Victoria mentres a súa compañeira Elsa cre "que estes exames consisten máis en demostrar que aprendemos algo durante estes últimos 2 anos".

Lidiar co presión propia e a presión da familia
Vivir nun ambiente empático nos días previos á PAU é fundamental. O papel das familia é moi importante: ofrecer seguridade, coidar os discursos e evitar frases como "non podes fallar agora", rebaixan a presión que de por si xa sofre o estudante.
A psicóloga e directora do centro anda CONMIGO, Irene López, que "os pais adoitan ter un forte impacto emocional e o fillo ou filla debe sentir que o seu benestar emocional está por encima do seu resultado académico".

17 distritos universitarios, 17 probas de PAU: normas de fondo e forma
Os dezasete distritos universitarios enviaron as normas de organización para a realización destes exames. Dossieres que lembran que os estudantes serán chamados 30 minutos antes da proba e que deberán entrar na aula coa súa documentación, a mochila pechada e o seu material preparado.
Algunhas universidades avisan de que non se poden usar "dispositivos auditivos" e que unha vez dentro está "prohibido consultar apuntamentos".
Estas son as normas de forma, pero o fondo aínda segue sendo diferente malia que as universidades tratan de avanzar cara un modelo máis semellante na proba de acceso.
O 95 por cento dos distritos universitarios pactaron novas pautas para que os exames sexan o máis parecidos posible en todas as comunidades, pero eses cambiós introduciranse fundamentalmente na pau de 2026. Os acordos acadados refírense a estructra do exame, aos contidos e aos tipos de preguntas en todas as materias das que se examinan os estudantes.
Na PAU 2025, os 17 distritos van seguir uns criterios mínimos de corrección e cualificación, que serán os mesmos en todas as autonomías e que van servir de vase para os modelos futuros.

Algunhas recomendacións das universidades
- Contesta soamente ao que che preguntan e non te vaias polas ramas. Non che darán unha maior puntuación por contar cousas que non che preguntan. Iso si, argumenta as túas respostas e engade exemplos se é necesario.
- Non te esquezas de gardar na túa mochila a túa tarxeta de identificación (DNI/Pasaporte/NIE).
- É recomendable que leves á universidade a túa folla de matrícula na PAU por se houbese que realizar algún tipo de comprobación.
- Prepara o día antes todo o material: bolígrafos de tinta negra ou azul, lapis, gomas de borrar, corrector tipo Tipp-ex, ou calculadoras e dicionarios.
- Non está permitido prestar nin pedir prestado material en ningún momento.
- Ningún estudante poderá abandonar a aula ata transcorridos 30 minutos desde o inicio do exame e é moi importante ler as instrucións de cada materia, xa que non son as mesmas para todos os exames.
- Le con calma os enunciados e distribúe o tempo da proba entre os diferentes exercicios comezando polos máis sinxelos ou os que mellor domines.
- Tenta escribir as respostas de maneira limpa e ordenada. A boa presentación e a ortografía correcta axudan a que os exercicios sexan máis lexibles para o corrector e para obter mellores cualificacións.
- E lembra: déitate pronto e levántate con tempo para chegar puntual ás proba.
