Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novidades no novo acceso á Universidade: a PAU

Novidades no novo acceso á Universidade: a PAU

Non hai opción A ou B e hai que facer exame de historia ou de filosofía aínda sendo de ciencias

Recomendan cabeza fría, estudar pola mañá e pola tarde, descansar e reforzar o que se sabe
G24.gal 06/05/2025 20:14 Última actualización 06/05/2025 20:34

En menos dun mes os mozos que desexen entrar na Universidade terán que facer o exame de acceso que entre outras cousas cambiou de nome a PAU:Proba de Acceso á Universidade. Non é o único cambio.

A partir deste ano xa non hai opción A ou B para elixir, o que obriga  a un estudo máis exhaustivo. Outra novidade é que é obrigatorio mesmo para os de ciencias examinarse de Filosofía ou de Historia, poden elixir entre as dúas disciplinas.

Para sentirse máis orientados moitos optan por acudir ás academias especializadas, que axudan en todas as asignaturas. Na academia Salgado de Vigo recomendan cabeza fría, estudar pola mañá e pola tarde, descansar e reforzar o que se sabe.

Maior esforzo deberán facer os que elixan carreiras máis solicitadas como Medicina, Farmacia ou Enfermería. Eles deberían repasar todo o temario porque a entrada na facultade elixida pode depender de décimas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade