Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Supremo anula o decreto que endurecía os criterios para crear universidades privadas

O Supremo anula o decreto que endurecía os criterios para crear universidades privadas

A Sala do Contencioso estima un recurso presentado polo Goberno de Baleares por defectos de forma na tramitación

 

G24.gal 08/10/2026 13:36

O Tribunal Supremo anulou o decreto do Goberno que endurece os criterios para crear novas universidades e que pretendía evitar que proliferen centros privados de ensino superior que non cumpran cos estándares de excelencia.

A Sala do Contencioso-Administrativo do alto tribunal tombou o real decreto 905/2025 do 7 de outubro sobre universidades ao estimar un recurso de Baleares por falta de xustificación da súa tramitación urxente, o que significa que non entrou no fondo do asunto.

O tribunal conclúe que o acordo da tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación non está debidamente xustificado. E, o seu efecto, de omisión do trámite de consulta previa, carecía do amparo legalmente esixido.

Para o alto tribunal, o núcleo da cuestión está en se o acordo do Consello de Ministros do 1 de abril de 2025, que decide a tramitación urxente do proxecto presentado, xustifica as circunstancias extraordinarias que esixan a aprobación urxente da norma.

Segundo indica, "o único elemento que se emprega para a xustificación (aprobación da reforma para que puidese estar en vigor no curso académico 2025/26) é máis unha vontade política para a súa pronta entrada en vigor que unha causa obxectiva que acredite unha urxencia ante a necesidade de evitar uns determinados efectos que produce a normativa regulamentaria vixente".

Ademais, a explicación que alega o acordo do Consello de Ministros "non permite considerar que as circunstancias que enumera poidan entenderse como extraordinarias ou imprevisibles".

Polo tanto, continúa o tribunal, "o acordo da tramitación urxente do procedemento de elaboración e aprobación non está debidamente xustificado. E, o seu efecto, de omisión do trámite de consulta previa, carecía do amparo legalmente esixido".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade