Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenado en Ourense a 28 anos de cárcere por agredir dúas fillas menores da súa parella

Condenado en Ourense a 28 anos de cárcere por agredir dúas fillas menores da súa parella

A Sala considerouno autor de dous delitos continuados de agresións sexuais a menores de 16 anos

Deberá indemnizar unha das vítimas na cantidade de 25.000 euros e, á outra, de 60.000 euros

Audiencia Provincial de Ourense/Foto de arquivo/Europa Press Audiencia Provincial de Ourense/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 18/07/2025 17:50

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a 28 anos de cárcere un acusado de agredir sexualmente, de forma continuada, dúas fillas da súa parella.

En concreto, a Sala considerouno autor de dous delitos continuados de agresións sexuais a menores de 16 anos do artigo 181.2 e 3 do Código Penal e, por cada un deles, impúxolle 14 anos de prisión.

Ademais, prohibiulle aproximarse e comunicarse ás vítimas durante 24 anos e inhabilitouno para o exercicio dos dereitos da patria potestade, tutela, garda ou acollemento respecto das menores durante seis anos.

A Audiencia Provincial de Ourense especifica que o máximo de cumprimento efectivo destas dúas penas de prisión é de 20 anos. Ademais, o condenado deberá indemnizar unha das vítimas na cantidade de 25.000 euros e, a outra, de 60.000 euros.

O tribunal considera probado, respecto una das menores, nacida en 2012, que o acusado, desde maio de 2022 e ata o 16 de abril de 2023, "en incontables ocasións e practicamente a diario, aproveitándose da confianza que a súa nai tiña nel para coidar as súas fillas, deixándoas ao seu cargo cando ela marchaba a traballar", agrediuna sexualmente en numerosas ocasións.

“Todo iso a pesar do noxo e repugnancia da menor e da dor física que lle inflixía o acusado, do que era plenamente consciente”, subliña a Sala.

Respecto a súa irmá, nacida en 2010, os feitos sucederon, segundo a sentenza, desde xaneiro do 2023 ata o 16 de abril do 2023.

“Tamén en innumerables ocasións, practicamente todos os días, reproduciu o mesmo patrón”, indican os maxistrados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade