Publicador de contidos

Publicador de contidos

A película 'Romería', de Carla Simón, chega aos cines tras pasar por Cannes

A película 'Romería', de Carla Simón, chega aos cines tras pasar por Cannes

 A Televisión de Galicia participa nesta produción que pon en valor as orixes e raíces galegas 

A película estreouse no pasado Festival de Cannes, candidata á Palma de Ouro

Rodada en Vigo e arredores Rodada en Vigo e arredores
G24.gal 05/09/2025 17:17 Última actualización 05/09/2025 17:44

Este venres chega aos cines Romería, participada pola TVG, e unha das tres películas candidatas a representar a España nos Óscar.

Rodada en Vigo, Romería reflicte as orixes e raíces galegas da directora Carla Simón. A historia parte cando a protagonista viaxa a Vigo para coñecer a familia de seu pai biolóxico, que morreu da sida, igual que súa nai. A película estreouse no pasado Festival de Cannes, candidata á Palma de Ouro.

Simón aborda aquí a vida de seus pais biolóxicos a quen apenas coñeceu e morreron vítimas da heroína e a sida. O filme é unha película reparadora en que quixo levar ao celuloide o que non puido vivir canda eles. Un traballo feito desde a empatía e mesmo o recoñecemento.

Rodada en Vigo e arredores, tamén boa parte do cadro técnico é galego e moitos dos seus actores: Janet Novás, Sara Casasnovas, Miriam Gallego, Tristán Ulloa ou José Ángel Egido. 

Os seus protagonistas Llúcia García e Micht fixeron un grande esforzo con meses de ensaio para poder revivir os anos oitenta e os tempos da movida e da heroína, tan alleos á súa xeración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade