Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estrea en Vigo o filme 'Romería', da directora Carla Simón

Estrea en Vigo o filme 'Romería', da directora Carla Simón

A recoñecida directora rodou en Vigo a historia de seus pais nos contraditorios anos 80

O filme 'Romería'
G24.gal 26/08/2025 20:40 Última actualización 26/08/2025 21:03

Este martes estreouse en Vigo o filme 'Romería' da laureada directora Carla Simón, quen pecha aquí a triloxía iniciada con  Verán 1993 e Alcarràs.

Simón aborda aquí a vida de seus pais biolóxicos a quen apenas coñeceu e morreron vítimas da heroína e a sida. O filme é unha película reparadora en que quixo levar ao celuloide o que non puido vivir canda eles. Un traballo feito desde a empatía e mesmo o recoñecemento.

Rodada en Vigo e arredores, tamén boa parte do cadro técnico é galego e moitos dos seus actores: Janet Novás, Sara Casasnovas, Miriam Gallego, Tristán Ulloa ou José Ángel Egido. 

Non os seus protagonistas Llúcia  García e Micht que fixeron un grande esforzo con meses de ensaio para poder revivir os anos oitenta e os tempos da movida e da heroína, tan alleos á súa xeración.

O auditorio Mar de Vigo quedou pequeno para a proxección, que contou con moitas caras coñecidas do audiovisual, nesta película que contou co apoio da TVG.

Na proxección estiveron presentes o Conselleiro de Cultura. José López Campos, o director  de proxección social da Corporación, Xaime Arias, e a Ministra de Traballo Yolanda Díaz ou o alcalde de Vigo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade