Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz chega ás semifinais de Roland Garros pola vía rápida

Carlos Alcaraz chega ás semifinais de Roland Garros pola vía rápida

Derrotou a Tommy Paul en menos de dúas horas con dous primeiros sets nos que rozou a perfección (6-0, 6-1, 6-4)

G24.gal 03/06/2025 22:09

Carlos Alcaraz vai por todas neste Roland Garros de 2025 á procura de volver a erguer a copa dos mosqueteiros que xa gañou en 2024. Nos cuartos de final completou o mellor partido do torneo e derrotou ao estadounidense Tommy Paul en menos de dúas horas. 

Nos dous primeiros sets Alcaraz pasou por riba do seu rival ao que só lle permitiu facer un xogo. Rachoulle o servizo en tres ocasións no primeiro set no que só tivo dificultade no segundo xogo (6-0). Paul comezou gañando o seu saque no segundo set pero a alegría duroulle pouco porque o murciano despregou un tenis impecable para gañar por 6-1 en 24 minutos. 

O terceiro set foi o único igualado. Nos oito primeiros xogos tanto Alcaraz como Paul foron gañando o seu saque. Ata que no noveno xogo dese terceiro set Carlos Alcaraz conseguiu a rotura de servizo que lle permitiu levar o partido (6-4). 

O rival en semifinais será o italiano Lorenzo Musetti que lle gañou a Tiafoe en catro sets (6-2, 4-6, 7-5, 6-2). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade