Publicador de contidos

Publicador de contidos

Carlos Alcaraz gaña en Cincinnati polo abandono de Sinner

Carlos Alcaraz gaña en Cincinnati polo abandono de Sinner

O italiano estaba totalmente fóra da final cun 5-0 e decidiu deixar o partido

Primeiro título neste Másters 1.000 para o murciano

G24.gal 18/08/2025 22:54

Carlos Alcaraz gañou o Másters 1.000 de Cincinnati por primeira vez na súa carreira polo abandono do italiano Jannik Sinner, número 1 do mundo e defensor do título, que decidiu retirarse aos 25 minutos da final e co marcador 5-0 en contra. Era o cuarto enfrontamento entre os dous mellore xogadores do circuíto despois das finais de Roma, Roland Garros e Wimbledon. 

Sinner comezou concedendo o seu servizo en branco. Alcaraz aguantou o seu saque e no terceiro xogo volveu a colocarse cun 0-40 para racharlle outra vez o saque ao italiano. Sinner estaba totalmente fóra da final e acabou pedindo atención médica co 5-0 no marcador. 

Despois da atención decidiu abandonar e a vitoria foi para Alcaraz. O sexto título de 2025 despois de gañar en Rotterdam, Montecarlo, Roma, Roland Garros e Queen's. No camiño de Cincinnati Alcaraz derrotou a Damir Dzumhur, a Hamad Mededovic, a Luca Nardi, a Andrey Rublev, a Alexander Zverev e a Sinner.

O murciano recorta a distancia que lle saca Sinner á fronte do ránking ATP xusto antes do comezo do Aberto dos Estados Unidos que tamén vai defender o italiano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade