Cargando resultados...
Buscan o home de 84 anos desaparecido o luns na ponte romana de Ourense
Están a rastrexar o treito do Miño que vai dende as Termas de Outariz ata Ribadavia

G24.gal
30/04/2025 15:54
En Ourense buscan desde este martes un home que desapareceu o luns na zona da ponte romana.
O operativo reactivouse este mércores con efectivos de Protección Civil e axentes da Policía Nacional equipados con drons.
Están a rastrexar o treito do Miño que vai dende as Termas de Outariz ata Ribadavia na procura do home desaparecido.
Trátase de Sergio Gracía, de 84 anos, que falta da súa casa dende o luns á mañá.
As autoridades piden a quen teña noticia do seu paradoiro que se poña en contacto coa Policía Nacional.