Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan uns ósos que poderían ser dos kaiakistas desaparecidos en Porto do Son

Atopan uns ósos que poderían ser dos kaiakistas desaparecidos en Porto do Son

Os mozos desapareceran en xullo do 2020 cando facían kaiak 

Anteriormente xa apareceran ósos humanos e confirmouse que pertencían a un dos mozos

G24.gal 11/02/2022 19:20

Unha embarcación atopou este venres uns ósos “posiblemente humanos” en augas de Porto do Son, onde en xullo do ano 2020 desapareceron dous mozos que ían en kaiak, informa a Garda Civil.

Os ósos -aparentemente dunha columna vertebral- foron recollidos por un pesqueiro nas inmediacións da capela da Atalaia e atopábanse a unha profundidade duns 22 ou 25 metros. Os restos foron entregados ao Equipo Territorial da Policía Xudicial de Noia para o seu estudo e análise.

O 30 de novembro xa aparecera unha costela nas mesmas augas, que se confirmou pertencía a un dos dous mozos desaparecidos tras os pertinentes análises realizados.

Xabier e Miguel desapareceron na tarde do 6 de xullo de 2020 cando trataban de chegar na súa canoa á Illa de Creba, xunto a unha amiga que conseguiu salvarse.

No traxecto perderon un remo da embarcación e un deles tirouse á auga para recuperalo, pero xa non puido regresar. A corrente arrastrounos e provocou que a piragua, que apareceu despois, envorcase.

Desde entón, os corpos dos mozos foron buscados en distintos operativos pola zona, sen éxito ata o momento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade