Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un menor en Palma por darlle dúas puñaladas a un mozo para roubarlle a bicicleta

Detido un menor en Palma por darlle dúas puñaladas a un mozo para roubarlle a bicicleta

A Policía Nacional detivo un dos menores, recoñecido polas testemuñas como o agresor, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio e roubo con violencia

A vítima foi trasladado en ambulancia ao hospital

G24.gal 10/05/2025 13:32

Un menor foi detido como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio e roubo con violencia, despois de asestarlle á vítima dúas puñaladas cun coitelo na cabeza para roubarlle a bicicleta no parque das Estacións de Palma de Mallorca.

Axentes da Policía acudiron o xoves pola noite ata este céntrico parque de Palma tras unha chamada na que se alertaba dunha pelexa con armas brancas, segundo informou nun comunicado a Policía Nacional.

Os axentes desprazados ao lugar viron un grupo de catro persoas que saíron correndo ao decatarse da presenza policial, polo que se iniciou unha persecución que se saldou con dúas persoas interceptadas.

Segundo informa a Policía, a vítima estaba no parque cando varios coñecidos se dirixiron cara a el para roubarlle a bicicleta e, ao resistirse, comezaron a agredilo, ata que un sacou un coitelo de cociña e comezou a ameazar o agredido para que lle entregase a bicicleta.

Ante a negativa da vítima, o agresor, coitelo en man, asestoulle dúas puñaladas por detrás.

Os agresores conseguiron roubarlle a bicicleta, 400 euros, documentación e o seu teléfono móbil. A Policía Nacional detivo un dos menores, recoñecido polas testemuñas como o agresor, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio e roubo con violencia.

Unha ambulancia atendeu a vítima no lugar e posteriormente foi trasladada ata un hospital de Palma para que o tratasen das feridas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade