A Policía recupera 25 coches roubados valorados en case dous millóns de euros
Hai seis persoas detidas e dáse por desartellada a organización criminal que actuaba en Málaga
Os membros da banda furtaban os vehículos na vía pública ou en garaxes
A Policía Nacional dá por desmantelada unha organización criminal que roubaba coches de gama alta para maquillalos e revendelos. A algún dos implicados prendérono ao volante, en plena rúa. Tamén se localizou un zulo nunha zona de campo en Marbella onde agochaban dispositivos electrónicos e ferramentas para perpetrar os roubos. Os membros da banda furtaban os vehículos na vía pública ou en garaxes, usando un dispositivo de localización para apoderarse deles no momento en que lles era máis propicio.
"Tras o roubo dos vehículos e un período de ocultación, trasladábanos a un garaxe na localidade de Alhaurín el Grande, maquillábanos manipulando elementos significativos. Logo eran rematriculados en España e simulaban que os adquirían no estranxeiro para introducilos no mercado español para vendelos a terceiros, empregalos os propios investigados ou vendelos a integrantes doutras organizacións", explica Elisa Rebolo, voceira da Policía Nacional.
