Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por matar unha muller a coiteladas en Madrid

Detido por matar unha muller a coiteladas en Madrid

A Policía relaciona o crime cunha pelexa por drogas

A vítima é unha muller de 32 anos

G24.gal 11/05/2025 19:29

A Policía Nacional prendeu un home polo asasinato dunha muller este domingo pola mañá en Madrid. O suceso aconteceu no barrio de San Blas e fontes policiais vincúlano a unha pelexa entre toxicómanos. A vítima, de nacionalidade española, tiña 32 anos.

Os sanitarios que acudiron ao lugar atopárona con varios cortes e unha ferida moi importante na zona do corazón. Non puideron salvarlle a vida a pesar de que estiveron realizando manobras de reanimación cardiopulmonar durante 40 minutos.

"As unidades avanzadas, a xefatura de garda e loxística que están no lugar inician a reanimación con técnicas avanzadas para corrixir e recuperar a hemorraxia, aplicando distintos produtos e medicamentos. Mantemos a reanimación 40 minutos pero ao final non é satisfactoria a recuperación", di Juan josé Giménez Mediavilla, supervisor do SAMUR.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade