As vitorias de tres rivais directos complican o futuro do Obradoiro na ACB
Os triunfos de Andorra, Fuenlabrada e Betis complican o futuro do Obradoiro na ACB. O conxunto santiagués afronta este mércores un partido vital diante do Joventut se non quere xogar a salvación a unha soa carta diante do poderoso Valencia na última xornada.
Tamén houbo rivais directos que perderon. O Zaragoza caeu nun agónico partido diante de Andorra logo de dúas prórrogas e tamén se mete en problemas. O Burgos nada puido facer en Valencia e encara a última xornada como o pechacancelas da clasificación.
O Betis impúxose a Gran Canaria e está case fóra de perigo con doce triunfos. Con once hai un atasco de catro equipos entre os que está o Obradoiro a carón de Andorra, Fuenlabrada e Zaragoza. Agora mesmo son os aragoneses os que se atopan en descenso canda Burgos. E todo, cun Burgos-Fuenlabrada na última xornada.