Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mariscadas a domicilio repiten éxito Nadal tras Nadal

As mariscadas a domicilio repiten éxito Nadal tras Nadal

En Cetaria Burela teñen 400 pedidos de marisco para enviar a toda España

O percebe e a centola son os produtos con máis saída

Manteñen os prezos estables sen as subas habituais destes días

G24.gal 17/12/2022 21:27 Última actualización 17/12/2022 21:49

En Cetaria Burela hai moita centola por cocer. Cunha clientela fixa e unhas 400 encargas de marisco que preparar, achéganse os días de máis traballo do ano. Compran a diario nas lonxas de toda Galicia e venden para toda España.
 

A maioría quéreno cocido porque é moi práctico, moi fácil. Despois non teñen potas grande e non teñen máis que comelo e punto. Pero hai xente á que lle gusta que lle cheire a casa a marisco e lévano fresco. O rei é o percebe, a centola, a nécora, o camarón e tamén se vende moito o lumbrigante.

Nadal tras Nadal a empresa familiar de venda de marisco galego en liña e a domicilio ve medrar os pedidos, di o propietario, David Rivas

Nosoutros o que facemos é aguantar o prezo suba o que suba e o noso lema é ofrecer a mellor calidade. Con iso vas á fin do mundo porque os clientes de Madrid e Barcelona teñen amigos e familia, e o boca a boca funciona. Levamos un montón de anos e cada ano temos máis clientes, asegurai David.

O forte das vendas é a través da páxina web, onde convidan a degustar unha mariscada para catro persoas por menos de cen euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade