Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arramplan co material aproveitable que quedou dun restaurante incendiado en Boiro

Arramplan co material aproveitable que quedou dun restaurante incendiado en Boiro

O propietario do local pide que quen observe que alguén leva restos do incendio que o denuncie na Garda Civil

Imaxe do que había este venres, once días despois do incendio que destruíu o restaurante Estrella del Mar de Boiro
G24.gal 18/11/2022 13:27

O coñecido resturante Estrella del Mar ardeu hai once días en Boiro. A cinta de balizamento coa que os bombeiros sinalizaron o perímetro da zona do sinistro está caída en parte e nalgún tramo desapareceu.

A propiedade do local pediu a través dunha rede social que quen observe que alguén leva restos do incendio que o denuncie na Garda Civil. Segundo conta o dono, David Rodríguez, nestes días desapareceron unhas campás de bronce, as billas dos barrís de cervexa e outros elementos da decoración e o equipamento do local.

Rodríguez explica telefonicamente que aínda está pendente de que a aseguradora remate a inspección do que quedou para a avaliación do sinistro. Engade que confía en poder empezar a retirada dos restos a finais da semana que vén ou a seguinte.

Sobre a orixe do lume, asegura que as pescudas da Garda Civil sinalan que foi fortuíta. Orixinouse por un fallo eléctrico pero non foi posible  precisar a localización do mesmo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade